Cadena de Formación de Emprendedores, Valnalon Educa

Ciudad Industrial del Valle del Nalón S.A.U. C/ Hornos Altos s/n, 33930 La Felguera, Asturias. España

Emprender en mi Escuela

Contenido Pie de página

Cooperativa CooperaTambo

  • Presentación

    Hola a todos y todas:

    Somos unos niños y niñas de 6º curso, grupo A, del CEIP Carballal de Marín, que estamos montando una cooperativa. Somos 14 socios/as.

    Nos dedicaremos a la fabricación de objetos artesanos para regalar, pero todavía tenemos que decidir cuales, porque somos tan buenos haciendo manualidades que no sabemos cual hacer. Os invitamos a que le echeis un vistazo a nuestra página para seguir nuestros pasos,logros etc...

    SALUDOS

    Foto de grupo

    Documentos de la cooperativa

    Acta de constitución

    11-03-2014

    descargar

     

    Estatutos

    12-03-2014

    descargar

     

    rexistro de socios/as

    01-04-2014

    descargar

     

    Diario

    Saímos no periódico!!!

    03-04-2014

    Onte estiveron con nós algúns representantes do Concello e da Deputación. Se queredes velo, ide aos seguintes enlaces

     

    http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/04/02/cooperativas-colegio-carballal-reciben-cif/997705.html

     

    http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/322682-crear-cooperativa-marin

     

    Que sabemos facer? Que queremos fabricar?

    07-03-2014

    Uf, que preguntas. Algún de nós non eramos capaces de contestala, pero logo de buscar cousas que nos saen ben, cada un escribiu tres das que fai mellor. así poderemos escoller o traballo máis axeitado para cada un. Por exemplo, Carlos cose, calceta e ganchilla, Noh é un bo deseñador, Inés di que modela ben...

    Pero logo aínda quedaba pensar no que queriamos fabricar:monecos?, xoias?, bolsos?....

    Hai algún, como Yaiza, que ata se atreve coa fabricación de camisetas.

    Buscar resposta a estas preguntas nos fai ver que, primeiro, igual temos que fabricar algunhas cousas diferentes para ver cales facemos mellor e cales se poden vender mellor.

     

     

     

    e aquí tedes a toda a xunta directiva

    20-02-2014

    Presidente: Mario Gil Cobo
    Secretaria: Yaiza Iglesias Sobral
    Tesoreiro: Noh Pereira Fariña
    Imos confiar en que fagan ben o seu traballo!

     

    ... e rematamos co tesoreiro/a

    20-02-2014

    Parece que este posto lle gustou a máis persoas, porque tivemos tres candidatos/as: Noh, Leticia e Gloria
    Cada un fixo campaña e logo votamos. Por unha pequena diferenza ocupará o posto Noh.
    Ollo, Noh!!! Coida dos nosos cartos.

     

    Tocoulle o turno á secretaria

    20-02-2014

    Como vos contabamos, escollemos aos membros da xunta directiva.
    ao cargo de secretario/a so se presentou unha candidatura, a de Yaiza. aínda así, ela explicounos por qué cría que era unha persoa adecuada para ese cargo: ten boa letra, é ordenada,...
    Nós estivemos dacordo e ... xa temos secretaria!!!

     

    Constituímonos, rexistrámonos, elaboramos estatutos e escollemos a xunta directiva

    20-02-2014

    Cando empezamos a ter todo máis claro, constituímonos como empresa.Logo fixemos as follas de rexistro dos socios e os estatutos.
    Por fin chegou o momento de escoller aos nosos representantes.Fixémolo o 28 de xaneiro.
    Presentaron candidatura para a presidencia Natalia e Mario. Cada un deles fixo a súa campaña, tentando convencernos de que eran os mellores para o cargo.
    Gañou a votación Mario, pero calquera dos dous tería sido un gran presidente.
     

     

    E así seguiu

    07-02-2014

    Chegaron as vacacións de nadal e tivemos un descanso, pero en canto volvemos ao cole, foi un non parar!
    Xa tiñamos claro cal era o noso capital: 56 euros, é decir, cada sosio e socía poñiamos 4.
    Decidimos cal sería o noso nome. Costounos, porque primeiro cada un propuxo un; logo fixemos unha enquisa para saber cal gustaba máis e cal gustaba menos (A profe de mate, aproveitou para dar o tema 15, que é o de estatística)
    Fixemos o logotipo. Pode que vos resulte raro que en todos eles apareza unha tartaruga, pero o decidimos así, porque ten relación co noso nome. Veredes:
    Na biblioteca do noso cole hai unha mascota que se chama Tambo, como a illa que miramos na ría dende as ventás. E esta mascota é unha "tartarugu-illa", porque saiu dun conto que fixeron os rapaces que agora están en 1º da ESO e máis nós ... CANDO ESTABAMOS EN E. INFANTIL!!! Ten un faro na cabeza, porque empezou sendo tartaruga, pero acabou converténdose na illa de Tambo. O logo definitivo é unha mestura de varios...
    Elaboramos slóganes (a mesma profe da que falamos antes, aproveitou para dar as linguaxes publicitarias)...
     

     

    Así comezou todo

    07-02-2014

    Comezamos coa nosa cooperativa na semana do 18 ao 22 de novembro, porque os nosos profes non poideron facelo antes.
    Primeiro os nosos profes nos amosaron como era esto das cooperativas. Vimos empresas doutros colexios; vimos os blogues e as cousas que facían.
    Tamén reuniron aos nosos pais e nais e lles contaron o que íamos facer.
    Nos días seguintes, vimos moitas cousas: a diferencia entre S.A. e S. C., que íamos ter que poñer cartos para a nosa empresa, que teríamos que tomar moitas decisións...
    Charo ensinounos as vantaxes da Sociedade Cooperativa e da Sociedade Anónima, pero a nós nos convenceu máis ser unha S.C.
    E así o decidimos.
    Logo, para saber máis, unha nena da nosa clase, xunto con outro do outro sexto, foron ao Concello a entrevistarse con Celia, que é a funcionaria que leva as licencias de apertura, para preguntarlle que necesitabamos para poder abrir a nosa empresa.
    Tratounos moi amablemente e contoulles un montón de cousas, que logo eles nos contarón a nós. A de papeleo que se precisa!: Ter un local que cumpla uns requisitos, uns estatutos, un NIF.
    Quedábanos moito por facer!!!
     

     

    Cooperativa CooperaTambo

    Centro: CEIP DO CARBALLAL

    Direccion: Viñas Blancas s/N, MARÍN, 36915, Pontevedra, Espa�a

    Correo Electrónico: cooperatambo@gmail.com

    Alumnos/as: 14

volver subir

Curso 2013-2014

Estás viendo los datos del curso escolar 2013-2014