Hola, somos la cooperativa del Ceip plurilingüe Nº1 de Tui y nos lLamamos MANITAS MONSTERS
ESTOS SON NUESTROS ESTATUTOS DE AUTONOMÍA:Artigo 1 Forma Xurídica
A empresa adoptará a forma xurídica de sociedade cooperativa..
Artigo 2 Nome.
A empresa funcionará baixo o nome de “MANITAS MONSTER”.
Artigo 3 Imaxe Corporativa e patrocinadores.
Eliximos como imaxe corporativa un logotipo deseñado polo alumnado de 6º. Os socios/as terán que contactar (non é obrigatorio) con xente que leve unha empresa desenvolvida, para que poidan poñer un pouco de diñeiro nosa empresa e nos a cambio poñemos a imaxe da súa empresa o día das vendas.
Artigo 4 Obxecto Social
A nosa empresa ten a seguinte actividade: elaboración e venta de produtos artesanais e naturais.
Artigo 5 Duración
A empresa constitúese para o curso escolar 2012-2013.
Artigo 6 Domicilio Social
O domicilio social da empresa ubícase na aula ABALAR 6º de educación primaria do CEIP nº1
plurilingüe e dixital de Tui, rúa Coengo Valiño S/N, CP 36700 Tui (Pontevedra).
Artigo 7 Socios/as
A empresa componse de 24 socios/as, todos eles alumnos/as do curso ABALAR 6o de educación
primaria do CEIP nº1 plurilingüe e dixital de Tui.
Artigo 8 O capital
O capital inicial fíxase en 48€ repartidos en 24 participacións de 2€ cada un..
Artigo 9 Formas de pago
Permítese o pago da cota en prazos.
Artigo 10 As contas
Os informes de contas presentaranse aos/as socios/as cada 15 días.
Artigo 11 Recuperación da inversión
Unha vez finalizadas as ventas non se recuperará o capital inicial e se empleará para as nosas necesidades.
Artigo 12 Utilización dos beneficios
Unha vez devolto o capital social os beneficios distribuiranse da seguinte forma:
a) Un 10% á unha perreira da localidade que decida a asamblea de socios/as.
b) O resto á actividade común que decida a asamblea de socios/as procurando que poidan
participar todos/as.
Artigo 13 Xunta directiva
A xunta directiva, por democracia estará composta por:
•Presidente/a: Ángel Giráldez Varela
•Secretario/a: Marcos Sánchez Vázquez
•Tesoureiro/a: Miguel Giráldez Varela
Artigo 14 Deberes dos/as socios/as
Todos/as os/as socios/as colaborarán na elaboración dos produtos
artesanais e naturais.
Os produtos a elaborar elixiranse por votación dos/as socios/as.
Procurarase favorecer os traballos en grupo.
O/a socio/a que manteña unha actitude negativa no seu traballo ou nas
súas relacións cos demáis membros da empresa e faga un mal uso dos
materiais de forma consciente ou voluntaria, sancionaráselle cun negativo.
A acumulación de 2 negativos conleva a expulsión da empresa e a perda do
dereito a recibir beneficios e perder o capital entregado.
O/a socio/a expulsado/a, poderá solicitar a súa readmisión unha vez
transcurridos 15 días, sempre que o faga por escrito e mostre o seu
propósito de cambiar a súa actitude.
Se un/unha socio/a que fora readmitido volve a ter actitude negativa no
traballo ou nas relacións cos demáis membros da cooperativa será
expulsado/a definitivamente.
Artigo 15 dereitos dos/as socios/as
Todos/as os/as socios/as teñen o dereito a ser escoitados na toma de
decisións sobre a empresa e a votar nas mesmas.
Artigo 16 Outras disposicións
Se un socio/a abandona a empresa de forma voluntaria e sen causa
xustificada, perderá a inversión realizada e non percibirá beneficios
algúns.
A empresa, tras acordo coa dirección do colexio, poderá utilizar
servizos do centro, (fotocopiadora, escáner, teléfono...) a cambio segundo
acordo coa dirección do colexio, prestaranse servizos sociais gratuitos.
Centro: CEIP Nº1 DE TUI
Direccion: Coengo Valiño s/n, Tui, 36700, Pontevedra, España
Correo Electrónico: coop.manitasmonsters@depo.es
Web/Blog: http://manitasmonster.blogspot.com.es/
Alumnos/as: 24
© Ciudad Tecnológica del Valle del Nalón, 2009